Sobre o descenso internacional do Sil
O Descenso Internacional do Sil, é un evento deportivo da modalidade de piragüismo organizado polo Concello de O Barco de Valdeorras que conta cunha longa traxectoria co sitúa nun dos máis tradicionais de Galicia.
Transcorre polas augas do río Sil, con saída ás 18:00 h. no Concello de Sobradelo e con meta no Malecón do Concello do Barco, supoñendo unha distancia de 7,5 km nos que se combinan zonas de rápidos intensos con pequenos tramos de augas tranquilas. Celébrase sempre o sábado das Festas do Cristo, festas máis importantes do Concello do Barco.
É un descenso competitivo no que participan deportistas federados/as a través das Federacións Galega e Española de Piragüismo nas categorías cadete, xuvenil, senior e master, todas elas femininas e masculinas nas modalidades individuais (K1 e C1), e embarcacións de equipo (K2) onde conta tamén con embarcacións mixtas.
DESCENSO POPULAR
Xunto co descenso competitivo organizase o Descenso Popular dentro da denominada Festa das Piraguas, no que participan embarcacións de recreo, kaiaks, lanchas... que aportan colorido e festa ás augas do Sil.
Este descenso toma a saída ás 16.30 h. e realiza o mesmo percorrido, pero ten a súa meta no rápido máis significativo do río, o denominado Cachón das Casas Baratas, onde unha grada natural preparada expresamente para este evento acolle a meirande parte do público que asiste a este evento.
Nesta zona habilítase un apeadeiro con animación para que os/as participantes deste descenso popular poidan ver aos/ás deportistas.
Himno
"Soneto de la ausencia"
Volverá con septiembre la llamada
esa cita anual que por mi vena
marca el norte a mi sangre y la encadena
porque mi sangre es sangre enamorada
Volverá con septiembre. Y volveremos
los del valle del Sil a su ribera
donde el amor primero nos espera.
Y ese amor eres tú, en ti nacemos,
tu savia en nuestra sangre está presente
ofreciéndole Patria al sentimiento
Y si llega septiembre, llega el día
de tu Festa Mayor y sigo ausente,
contigo se hallará mi pensamiento.
Barco de Valdeorras: tierra mía.
Memorial Julián Trincado
Julián Trincado Settier
Valencia, 25/06/1921 – Madrid, 21/08/2000.
Doutor enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, conselleiro delegado de Fuerzas Eléctricas del Noroeste (Fenosa), presidente de Unión Fenosa, presidente de Unidad Eléctrica (Unesa), e presidente de Autopistas del Atlántico (Audasa).
Descenso 50 Aniversario
Video sobre a historia da proba feito co motivo do 50 aniversario da mesma. Coñece un pouco máis sobre o Descenso Internacional do Sil. Tamén podes velo dende aquí.
Descenso Internacional
Dende aquí podes consultar toda a información técnica do 57 Descenso Internacional do Sil: percorrido, regulamento particular, inscripcións, seguridade, etc. Así como descargar un documento adxunto con toda a información.
infoDescenso Popular
Consulta os documentos con toda a información de interese relacionada coa proba: percorrido, regulamento, e seguridade.
cartel InfoSi precisas alugar embarcación envía un correo a piraguas@descensointernacionaldosil.com indicando nome, apelidos e número de teléfono.
Programa
Dende aquí podes consultar información sobre o programa de festas, eventos ou actividades que teñen lugar paralelamente nos días do descenso no Concello de O Barco de Valdeorras.
Tren Fluvial Gratuito
Poñemos ao dispor do público o denominado Tren Fluvial que, de modo gratuíto, recolle a todas as persoas interesadas na Estación de Ferrocarril do Barco e trasládaas a Sobradelo (saída). Unha vez comeza a regata, fai paradas polo percorrido e retórnaas ao Barco.
Festa das Piraguas
A Festa das Piraguas está dentro das actividades do Descenso Popular. Consulta toda a información sobre o Descenso Popular e as actividades que van a ter lugar dende o PDF asociado. Percorrido, programa de horarios, normas , incricións, premios, acampada, etc.
Consultar información
Festas do Cristo
As Festas do Cristo, no mes de setembro no Barco, son as máis populares da bisbarra e nelas ten lugar o Descenso do Sil en piragüas, unha proba deportiva que cumpriu máis de cincuenta anos.
Programa das Festas do Cristo 2025Organizadores
Concello de O Barco de Valdeorras
Deporte e Xuventude
Praza do Concello, 2 - 2º
32300 O Barco de Valdeorras
+34 988 320 202 Ext. 1008
deportes@concellodobarco.org
direccion@descensointernacionaldosil.com
https://www.concellodobarco.gal/
Federación Galega de Piragüismo
Encoro de Pontillón do Castro
Rúa Gavián, s/n
36151 Verducido - Pontevedra
+34 986 84 21 06